Houbo un tempo no que o silencio bruía
entre os teus ollos de finísimo outono,
cando o meu nome non era nome,
alongabas a man cara o frío de con e xacintos
de mármore, sen sombra, coa tépeda luz da verba
non pronunciada, coa voz do gume aceso
na gorxa esfragándose neste canto
que xace no país da negación.
Versos de Aitor Arronte (Vigo, 1978)